CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Seguimos de preto a busca dun veciño desaparecido no encoro dos Peares

25/02/2019 - 11:04 h

Neste Galicia por diante seguimos de preto a busca dun veciño de Melide desaparecido no encoro dos Peares. Nese momento, o home ía falando coa súa muller por teléfono, quen asegurou que escoitou un forte golpe antes de perder a comunicación co marido. Sospéitase que o coche en que circulaba o home puido caer ao río Miño. 

"Estamos buscando na zona de cobetura da antena, que foi o último lugar onde sabemos que estivo. Imos seguir buscando para atopar o coche ou un indicio que nos proporcione algún dato máis sobre o acontecido", afirma Antonio Pérez, capitán da Garda Civil de Monforte. 

"Non hai ningún rastro. A familia asegura que escoitou como caía auga no coche, por iso estamos aquí buscando", engade o axente.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí