CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Soamente unha vez', a novela negra que non é tal

25/01/2022 - 10:43 h

'Soamente unha vez', de José Mondelo, é a novela que nos trae esta semana como convite lector Armando Requeixo.

En 'Soamente unha vez' (Xerais) hai unha desaparición, un cadáver atopado en estrañas circunstancias e un inspector xefe que investiga, pero é calquera cousa menos unha novela negra ao uso.

Narrada cun humor ácido, retranqueiro e corrosivo, esta obra acaba con todos os tópicos da novela negra ao tempo que propón unha suxestiva reflexión sobre a hipocrisía social e o volátil dos códigos de conduta.