CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Adolfo Baloira, pneumólogo: "Non existe perigo inminente da chegada dunha nube tóxica de xofre"

24/09/2021 - 10:10 h

Na zona máis afectada pola caída de cinzas recoméndase á poboación permanecer en espazos interiores e, en caso de estar ao aire libre, usar máscaras FFP2 e sistemas de protección dos ollos. A nube do volcán leva consigo gases tóxicos, que poden causar inflamación do sistema respiratorio, irritación en mucosas de ollos, nariz e boca, así como na pel e nos tecidos. Falamos sobre isto co doutor Adolfo Baloira, pneumólogo do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

 

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia