Galicia por Diante
Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración
Continúan chegando a Galicia os retornados e fillos de emigrantes venezolanos tratando de escapar do país pola crise política e social que están a padecer.
O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asegurou esta mañá na Radio Galega que "este verán houbo máis retornados" de Venezuela ca en anos anteriores.
Hai mozos universitarios que aproveitan as axudas para completar aquí a súa formación académica e evitar a falta de alimentos e de medicinas que sofren a diario no país.
Tamén hai retornados que non cobran a súa pensión dende hai dous anos.
Para facer fronte a esta situación económica, o Goberno galego está a facer un esforzo económico importante, que segundo Rodríguez Miranda "é dun millón e medio de euros" e inclúe "as axudas aos que están en Venezuela" e aos retornados como os "xubilados retornados" que levan sen cobrar a pensión dende hai dous anos.