CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Falamos con traballadores afectados tras ser convocados na mesa electoral

24/05/2019 - 10:07 h

O sector dos salóns de peiteado, afectado pola convocatoria de eleccións para este domingo 26. Peiteadoras convocadas para formar parte das mesas pola Xunta Electoral vanse ver obrigadas a buscar reforzos para poder atender o traballo que tiñan contratado para o domingo, ao tratarse dun día de moitas primeiras comunións. A Xunta Electoral considera que non se trata dun servizo esencial para a comunidade. Falamos con Elba Castro, peiteadora de Vilalonga, Sanxenxo.

A polbeira de Quin, no municipio coruñés de Boiro, puxo en marcha unha quiniela entre os clientes para determinar quen vai ser o próximo alcalde e o número de concelleiros que sacará cada partido. O premio é 30 quilos de polbo. Xa participaron preto de 900 persoas. Falamos con Joaquín Riveiro, propietario do establecemento.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí