CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Estréase nos cines 'Elisa y Marcela', unha historia de amor en Galicia

24/05/2019 - 13:05 h

A película Elisa e Marcela, de Isabel Coixet, producida pola compañía compostelá Zenit TV co apoio da Xunta de Galicia, chega esta fin de semana ás salas de cine. Despois de terse presentado na pasada Berlinale, a estrea será a partir de hoxe en seis cines galegos, ademais dos pases previstos en Madrid, Barcelona e Málaga.

Na nosa Comunidade, as salas que proxectarán a película son Numax, en Santiago de Compostela; Multicines Norte, en Vigo; Cantones, na Coruña; Cines Xunqueira, en Cee; Cinexpo, en Pontevedra; e Cines Pontevella, en Ourense.

Na platafoma dixital Netflix estrearase o 7 de xuño e para o vindeiro ano 2020 poderase ver en TVG, TV3, Canal Sur, Aragón TV, Castilla-La Mancha TV e Televisión de Canarias.

No Galicia por Diante temos connosco a Narciso de gabriel, catedrático da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Autor do libro "Alén dos homes" (Vida de Elisa e Marcela), na editorial Nigra Tea. 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí