Galicia por Diante
Esmorece a fenda dixital cos maiores
Os datos máis recentes en relación ao uso de Internet tráenos a estupenda nova de que a fenda dixital cos máis maiores vaise pechando, cun notable incremento no número de persoas entre 55 e 64 anos que soben ao tren das tecnoloxías.
Certamente, a evolución natural da poboación, que por debaixo dos 44 anos usa as redes no 100% dos casos, ten que significar que esta fenda dixital pase a ser cousa do pasado nas vindeiras décadas.
Porén, iso non necesariamente significa que a tecnoloxía atenda as necesidades destas persoas, para iso é preciso traballo consciente e atención á diversidade.