Galicia por Diante
A creación da especialidade de xenética clínica
No programa de hoxe falamos con Ángel Carracedo da noticia que saltou esta semana aos medios, na que se nos comunicaba que o senado aprobaba a proposta socialista mediante a cal se creará a especialidade de xenética clínica e incorporaranse profesionais da bioinformática para dar cobertura aos servizos de medicina xenómica.
A estratexia de medicina xenómica apoia tamén a creación dunha rede de referencia de plataformas de secuenciación e de centros, unidades e servizos de medicina xenómica acreditados polo SNS e financiada polo Fondo de Cohesión Sanitaria, e en materia de formación, incorporaranse contidos de medicina xenómica nos plans de formación universitaria das novas xeracións nas diferentes profesións sanitarias.