CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Enrique Mallón, de ASIME: "Un dos nichos principais para a industria galega na próxima década ten que ser a eólica mariña"

23/10/2020 - 08:17 h

A patronal do metal de Galicia pide cambiar as normas e axilizar os trámites para poder instalar parques eólicos no mar de Galicia. O secretario xeral de ASIME, Enrique Mallón, explicou no Galicia por diante que "o Goberno está intentando ordenar as normas" para facer posibles eses parques mariños, pero os empresarios piden limitar a burocracia e ser máis áxiles. Reitera así o que defenderon onte en Vigo, nunhas xornadas en que participaron responsables e enxeñeiros de empresas do metal, de consultoría e de enerxía.

"Nós defendemos desde hai practicamente unha década a implantación de parques eólicos mariños flotantes preto da costa galega porque non teñen impacto visual, porque non teñen impacto ambiental. Dío Greenpeace e onde quedaba patente cun panel en que realmente estaban participando os maiores expertos, sen dúbida, de España e de parte de Europa, como Iberdrola ou Greenalia. E tamén o IDAE".

"Aí quedou patente e claro que un dos nichos principais para a industria galega na próxima década ten que ser a eólica mariña. E non só para exportar os produtos que facemos, por exemplo en Navantia Fene, senón tamén para inentantar implantar este tipo de enerxía máis preto das nosas costas. Pode prover de recursos enerxéticos, fundamentais para a grande industria e ademais enriquecer a cadea de subministración industriais que existe en Galicia, sobre todo no sector metal, non sector industrial".

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia