CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Nubes de evolución en toda a comunidade que deixarán algún churrasco ao longo da xornada

23/09/2020 - 13:52 h

Das numerosas formas que temos os galegos de denominar a chuvia, Diego Viaño propón engadir "churrasco" como sinónimo. 

O coñecido meteorólogo da Televisión de Galicia protagonizou un dos momentos máis divertidos da semana, ao confundir chuvasco por churrasco no seu parte do tempo. 

Non imaxinades a cantidade de mensaxes que recibín, grazas aos tuiteiros polo agarimo.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia