CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Instagram para comunicar mellor ao alumnado os novos protocolos no IES Antón Fraguas

23/09/2020 - 10:18 h

Como achegar mellor os protocolos contra a covid-19 nos colexios e institutos aos máis novos? 

O director do IES Antón Fraguas de Santiago, Carlos Encisa, teno claro:

"Coa axuda da miña filla, fixen unha conta de Instagram do centro para subir fotos e vídeos de como estaba o instituto despois de aplicar os protocolos. Tamén quixen facer unha retrasmisión en directo para explicarlles como e por onde debían entrar e saír. O directo foi á noite, porque a miña filla comentoume que é a hora punta no Instagram". 

Agora temos máis de 500 seguidores e pretendemos usar esta ferramenta como vía de comunicación máis eficiente co alumnado.

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia