CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A Inquisición

23/05/2019 - 11:43 h

Na sección das #Efeméridas con Manuel Gago descubrimos anécdotas curiosas da Inquisición en Galicia como os procesos contra os propios curas, frades e monxas.

Hai 397 anos, un frade decidiu confesar ante a Inquisición que fixera un trato co demo. O relixioso elaborou un contrato e estivo durante 24 horas invocándoo co documento na man. O demo nunca apareceu.

A Inquisición abriu outro proceso contra un frade que vivía no convento de San Francisco en Santiago de Compostela e que posuía un libro moi singular na historia de Galicia. A acusación que se lle fixo foi que este home podía invocar demos con este libro. Os investigadores pensan que este feito pode ser a primeira aparición en escena do famoso libro de San Ciprián, o Ciprianillo. 

Este libro podemos atopalo en moitas casas galegas. Alí aparecen unha lista de tesouros de Galicia e onde poderían estar situados.

Tamén comentaremos outros procesos da Inquisición. Un deles sobre o frade Patricio Sinot, exiliado irlandés e mestre de retórica na Universidade de Santiago de Compostela. Parece que este home intentaba gañar cartos lendo cartas astrais.

A última historia lévanos ata o convento de Allariz, onde dúas monxas contactaron cunha feiticeira para poder escapar do convento sen ser vistas.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia