CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Que ocorreu na aluaxe da sonda israelí?

23/04/2019 - 07:35 h

 

Retomaremos algúns dos temas que foron "engulidos" pola gran capacidade de atracción mediática que tivo o do burato negro hai dúas semanas.

Entre outras cousas, deixáramos no aire o devir da aluaxe da primeira sonda israelí, no que sería ademais a primeira operación lunar de iniciativa privada (mesmo se lanzou cun foguete Falcon 9 de Space X, a empresa de Elon Musk). Segundo primeiros indicios, un dos motores de freado non funcionou ben, e esnafrouse contra a Lúa.

A todo isto, estas iniciativas de aluar tiveron a súa orixe nun premio convocado por Google (Google Lunar X Prize), que outorgaría 20 millóns de dólares a aquela misión misión privada que chegase á Lúa. O premio acabou sen gañador, pero hai unhas semanas anunciaron que darían unha consolación de 1 millón á que chegase. Aínda que se esnafrase, acaban de dicir que lle dan igual o millón.

Seguindo co espazo, acaba de publicarse na revista Science o resultado da análise xenética de dous astronautas xemelgos, dos cales un pasara un ano na estación espacial para logo comparar co seu xemelgo os cambios. Vese que os cambios que experimentou remitiron unha vez retornado á Terra.

A outra nova "engulida" foi a do descubrimento dunha nova especie de homínido nas Filipinas, que saíu en Nature o día do anuncio do burato negro.

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia