CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Ricardo Colmenero escribiu 'Los penúltimos días de Escohotado' tras horas de conversa na casa do pensador

22/11/2021 - 13:11 h

O filósofo Antonio Escohotado morreu este domingo aos 80 anos en Eivisa...  Ensaísta, historiador e profesor de Filosofía do Dereito e Socioloxía na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), onde se xubilou en 2013. Escohotado era coñecido a nivel popular como figura habitual en programas e tertulias de televisión nos anos 80 convidado habitualmente pola súa obra máis  coñecida, 'Historia general de las drogas', que escribiu, na maior parte, nun cárcere de Cuenca, onde estivo preso dous anos por tráfico de estupefacientes. 
Ricardo F. Colmenero recolle en 'Los penúltimos días de Escohotado' as conversas que durante nove meses mantivo co filósofo e pensador madrileño.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia