CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A xenética e o Black Friday

22/11/2018 - 07:35 h

Hoxe Ángel Carracedo fálanos da importancia da xenética e das análises xenéticas, que xa comezan a ser coñecidas por todo o mundo. Unha proba disto percíbese nas tendencias populares como o Black Friday.

Unha empresa americana, Dante Labs, ofrece unha análise do xenoma por un prezo inferior aos 200 euros, coma se fose unha rebaixa do Black Friday. A parte negativa de todo este asunto é a frivolización de algo tan serio coma as análises xenéticas, que debería ser sempre realizado e supervisado con estrito rigor científico e médico, ademais de ter en conta os posibles aspectos éticos e legais do asunto.

Desta maneira, as análisis xenéticas están a ser tratadas coma un produto de consumo máis. Neste sentido, facer un test xenético parece ser o mesmo ca comprar unhas zapatillas. Esa mensaxe é errónea, pois os test xenéticos sempre teñen que estar dentro do eido científico e médico, e realizados e comunicados por profesionais do sector.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí