Galicia por Diante
A terapia con células nai e o descubrimento dun novo tipo de estrelas: premios de Investigación da RAGC
A Real Academia Galega de Ciencias distinguiu dous traballos das Universidades de Santiago e da Coruña nos Premios de Investigación 2020 nas categorías sénior e mozos.
O premio outorgado a científicos sénior foi para os investigadores do CiMUS da Universidade de Santiago Diana Guallar e Alejandro Fuentes, polo seu descubrimento dunha ferramenta para a reprogramación celular, que abre as portas ao tratamento de enfermidades coma o cancro.
Debemos seguir traballando, porque unha soa investigación ou descubrimento ten aplicacións en numerosas enfermidades.
Na categoría de investigadores mozos, menores de 30 anos, o gañador foi Raúl Santoveña, do CITIC da Universidade da Coruña, polo descubrimento dun novo tipo de estrelas ricas en fósforo.
O fósforo é fundamental para a vida do ser humano. Pretendemos descubrir a orixe deste elemento.