CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

#OMiolo: "No noso grupo de Whatsapp somos unha trintena cuns 200.000 euros ciberestafados"

22/09/2021 - 13:35 h

Ducias de vítimas das ciberestafas de toda Galicia comezan a unirse para tratar de recuperar os cartos perdidos. Na pandemia este tipo de delitos aumentaron nun 20%. O mosaico do calote telemático ten moitas variables.

Falamos con Andrea Reborido, de Coristanco. Roubáronlle os 9.000 euros que tiña aforrados nunha conta de Abanca. O segundo convidado é Fernando, de Vimianzo. Foi vítima dun roubo de datos bancarios que lle custaron 9.000 euros. Por último, falamos con Susana. Chamárona por teléfono suplantando o banco e estafáronlle 6.000 euros.

 

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia