Galicia por Diante
Deteriorados recuperou o formato casete e presenta "Clases pasivas tour"
A banda interxeneracional de country e blues heroico presenta casete. Está formada por dúas persoas xubiladas, unha pianista, un profesor universitario e unha estudante recén graduada. Son a punta de lanza de Vulnerables, un proxecto que pretende rachar fendas xeracionais. Xaime Fandiño e Laura Villanueva achegáronse ao estudio da Radio Galega. "A casete foi o primeiro gravado democrático. O primeiro onde podías facer a túa play list", afirma Fandiño.