CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A corentena dos nenos

22/04/2020 - 10:30 h

O martes, 21 de abril, o Goberno anunciaba que a partir do domingo 26, os menores  ata os 14 anos poderán saír da casa. Farano para dar paseos curtos ou facer recados como ir ó supermercado ou ó banco. 

Corenta e catro días despois do inicio do Estado de alarma as nenas e nenos volverán pisar a rúa. Pensando na volta gradual á normalidade, queremos coñecer como están sendo estas semanas nas que a súa casa se converteu en escola, centro de traballo e reunións telemáticas.

Falamos con nenas e nenos, con nais e pais, psicólogos, mestres e heroes de uniforme que nestes días ata felicitan aniversarios. 

Unha reportaxe de María Xosé Rivero e Manuel Balsa

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia