CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Gestal: "A evolución da pandemia é boa, pero acabamos de deixar unha situación extrema para estar nunha alta"

22/02/2021 - 08:16 h

O catedrático emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, Juan Gestal, pide prudencia á hora de flexibilizar as restricións para frear o virus. Nunha entrevista no 'Galicia por diante', apuntou que "a evolución do virus é boa, pero acabamos de deixar unha situación extrema para estar nunha situación alta, e isto pide prudencia".

Considera que a evolución confirma que "estamos no bo camiño" pero cre que debemos "deixar que a situación baixe para saír das medidas duras con máis posibilidades de estar máis tempo nunha situación boa e sen riscos". "Hai que pedirlle a todo o mundo un pouco de paciencia porque xa por dúas veces non esquivocamos. Xa se aliviou antes de tempo en dúas oportunidades e non o fagamos agora nunha terceira. Deixemos que isto baixe para estar nunhas mellores cifras e para ir volvendo a esa nova normalidade" apuntou o epidemiólogo.

Gestal defende que os locais de hostalaría non son os responsables do aumento de contaxios pero si cre que " a hostalaría é un motivo para saír da casa, de celebrar reunións e de que a xente entre en contacto". Avoga por manter as restricións que limitan os contactos sociais e flexibilizar aquelas que non teñen moita influencia neles. O epidemiólogo é partidario de aliviar os peches perimentrais individuais e ir aos comarcais.

O catedrático emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC urxe a vacinar para chegar ao verán nas mellores condicións posibles.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia