CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

José Antonio Zan: "Se queren destruír a industria deste país, que o digan e xa tomaremos medidas os demais"

22/01/2020 - 08:07 h

Os traballadores das fábricas grandes consumidoras de electricidade están chamados a manifestarse hoxe en Madrid, diante do Congreso dos Deputados e do Goberno. Piden medidas urxentes para obter rebaixas no prezo da luz, de forma que teñan unhas tarifas semellantes ás de Francia ou Alemaña.

Desde A Mariña enviaron catro autobuses, que suman a outros 15, como mínimo, fretados desde outras fábricas de toda España, sobre todo do norte. O presidente do comité de empresa de San Cibrao, José Antonio Zan, pídelle ao Goberno que sexa claro e concreto e explique se quere realmente darlles un prezo da electricidade adecuado ás fábricas.

"Necesitamos un prezo da enerxía parecido ao de Francia e ao de Alemaña. E necesitámolo para agora mesmo. Necesitamos que sexa estable. Que se deixen de lavar as mans como Poncio Pilatos e que se poñan a facer o seu traballo, que é o de lexislar".

"Se queren industria, que o digan e que poñan o prezo e lexislen, que é o seu traballo. Se o que queren é destruír a industria deste país, que o digan tamén, que non se escondan detrás de mentiras e detrás de chorradas: que digan que queren destruír a industria do norte de España e xa está. Despois, xa tomaremos medidas os demais, pero que se deixan de tomar por parvos aos obreiros".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia