CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Falamos con Óscar Quintana, embaixador dixital de Santiago

22/01/2019 - 13:05 h

O estudante Óscar Quintana é o embaixador dixital de Santiago. Como outros estudantes Erasmus, Sicue ou de Convenio Bilateral elixiu Santiago de Compostela como destino.

O seu labor consiste en compartir a súa experiencia na cidade a través das redes sociais para que outros estudantes estranxeiros vexan como é a vida alí, máis da alá da información institucional proporcionada polas universidades.

A primeira vez que escoitou falar de Santiago foi nun documental e "impresionoulle que a xente puidera camiñar tanto para chegar a un lugar".

Agora el é o encargado de amosar o seu punto de vista sobre a cidade para que outros estudantes coñezan o seu día a día e decidan se queren vivir a experencia coma el.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí