Galicia por Diante
O cambio de posición do polo norte magnético
Comezaremos falando do anómalo cambio de posición do polo norte magnético que, nunha viaxe dende Canadá ata Siberia, vén de cruzar a liña internacional de cambio de data.
Comentaremos tamén o crecemento de algodón na Lúa dentro da sonda chinesa alí situada. Por certo, a planta xa morreu, porque na zona da aluaxe empezou a noite. Falaremos tamén da duración do día na Lúa, que son 29 días terrestres.
Remataremos cun estudo espeluznante: 1/4 do holocausto nazi (1.5 millóns de vítimas) podería terse producido en só 3 meses. Tamén veremos como a charlatanería chegou mesmo a un congreso de ciencia na India.