CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

José Luis Combarro: "O futuro de Alcoa-San Cibrao non é bo sen prezo competitivo eléctrico"

21/11/2019 - 08:16 h

O presidente do Comité Europeo de Alcoa, José Luis Combarro, sinala que a "situación que se está atravesando é moi complicada e se persisten os prezos que existen actualmente en España da enerxía, dificilmente se poderá seguir facendo aluminio primario". Combarro afirma que "a compañía cre que o Estatuto [da Industria Electrointensiva] incluso non vai facer que se poida ter este prezo competitivo, que é o que estamos esixindo para que a industria electrointensiva siga tendo futuro no noso país... e por iso demandamos aos ministerios de Industria e Transición Ecolóxica que se debería buscar unha solución inmediata porque tememos que a empresa poida tomar unha decisión, que pode ser moi mala para a fábrica [de San Cibrao] e para toda a comarca da Mariña lucense".

Sobre os axustes nas fábricas que Alcoa anuncia para os próximos cinco anos, José Luis Combarro di que "non concretan exactamente nada, o único que din é que están nun estudo permamente e nese estudo as fábricas que estean en peor posición de saída, que non teñan bos resultados como pode ser a de San Cibrao, porque cando se di que este ano a fábrica vai rematar con resultados positivos, non é exactamente, porque se miras o número ao mellor cadra que o resultado pode quedar a cero". Pensa que "o futuro non é moi bo e creo que a solución de continuidade da fábrica pasaría porque se poña ese prezo competitivo de enerxía para que a compañía vexa que neste país pode seguir facéndose aluminio primario e que nos dea continuidade de produción no futuro".

Sobre a poxa de interrompibilidade, José Luis Combarro sinala que "Alcoa cre que, se se realiza, sería a mediados de decembro, o que fixo neste caso o Ministerio é habilitar as condicións para que todas aquelas empresas que queiran participar nesa poxa vaian realizando as xestións correspondentes para cando se fixe a data desa poxa, poder acceder a ela, pero non hai aínda unha data oficial nin unha directriz oficial de que se vaia realizar a poxa de ininterrompibilidade, incluso isto está no aire".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí