CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Valeriano Martínez: "Determinados partidos políticos non entenden que unha parte dos cartos onde mellor están é nas mans de cada persoa"

21/10/2019 - 08:17 h

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, defende a baixada de impostos que recolle o proxecto dos orzamentos da Xunta para 2020. Fronte ás críticas de En Marea, que cualifica esas rebaixas como demagóxicas e para ricos, Martínez defende o contrario.

"Coma sempre, son mensaxes moi previsibles por parte de determinados partidos. Non entenden. Non entenden que unha parte dos cartos onde está moi ben é nas mans de cada persoa porque en esencia son as persoas as que coa súa imposición posibilitan a calquera administración todo aquilo que fagamos".

"Sempre se identifican as rebaixas tributarias cos ricos. Paréceme a min que falar, cando estamos falando de sucesións e levamos xa 360.000 persoas neste momento desde 2016 que non cotizan por sucesións ao ser familiares directos... Oxalá tivesemos en Galicia 360.000 ricos, pero paréceme que non é ese o titular".

O conselleiro tamén explicou que, polo momento, a Xunta non recibiu diñeiro ningún dos 700 millóns de euros que, segundo o Goberno galego, lle debe o Goberno central.

"Valóroo un pouco case como determinados bailes: un paso para adiante, un paso para atrás. Neste momento non temos desbloqueado nada. Simplemente hai unha formulación por parte do Ministerio, que parece ser que o que antes era imposible, ata hai unha semana e algo, resulta que agora é posible, que me chama moitísimo a atención".

"Algo menos da metade do que nos deben a Galicia parece ser que vai desbloquearse. O que me chama moitísimos a atención é que se o tema era tan urxente, agora resulta que si que o é, como se nos vai pagar? Resulta que en dous prazos. Parece ser, porque aquí aínda non chegou nada. Estamos xa no mes de novembro. Estes ingresos tiñan que vir fraccionados desde o mes de xaneiro. Transfíranse a quen son deles, que estes cartos non son do Goberno central".

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí