CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Ramón Mejuto, director de Hércules de Armamamento: "Levamos cinco anos vivindo nesta persecución"

21/08/2019 - 08:16 h

Tras presentar un escrito para intentar impedir novamente o seu desafiuzamento, os membros da concesionaria da Fábrica de Armas na Coruña, Hércules de Armamento, asegura que levan "cinco anos vivindo nunha persecución constante".

A empresa tiña de prazo ata a medianoite para abandonar a fábrica, unha data límite imposta polo Ministerio de Defensa despois de que Hércules de Armamento incumprise o pagamento do canon. No Galicia por diante, o director da concesionaria, Ramón Mejuto acusa o antigo presidente do comité de empresa, Roberto Teijido, de "espantar os principais inversores", a asegura que iso "impediunos levar a cabo o noso proxecto que é revitalizar o patrimonio dos coruñeses".

"O obxectivo é botar da Fábrica de Armas a Ramón Mejuto", explica o propio Mejuto, "pero non entenden que eu son un inquilino máis". Tras a presentación do escrito, que paraliza o prazo do desafiuzamento, Mejuto agarda "poder chegar a unha solución factible" para continuar coa concesión da fábrica. 

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí