CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Os deputados galegos marcan prioridades para a nova lexislatura que comeza

21/05/2019 - 08:04 h

Os socialistas galegos marcan como obxectivo ter unha maioría suficiente para formar un goberno e seguir co que cualifica como "medidas sociais". Dicíao no Galicia por diante o coordinador dos deputados e senadores do PSdeG e deputado pola Coruña, Pablo Arangüena, quen insistía na posibilidade de gobernar en minoría.

A deputada do Partido Popular pola Coruña, Marta González, afirmou no Galicia por diante que as mesas do Congreso e do Senado deben cumprir o regulamento das cámaras e suspender como parlamentarios os catro deputados e o senador independentistas. González asegura que a prioridade do PP para esta lexislatura é ser o contrapunto á complicada situación que deixou a aritmética electoral para abordar retos fundamentais como a economía, o emprego ou a educación.

A primeira iniciativa lexislativa de Ciudadanos para esta lexislatura será unha lei de apoio ás familias, e a primeira actuación vai ser a presentación dun escrito diante da Mesa do Congreso para pedir a suspensión dos deputados presos. Contábao na Radio Galega a deputada de Ciudadanos pola Coruña, Marta Rivera de la Cruz.

O deputado pola Coruña de Unidos Podemos, Antón Gómez-Reino, insiste en que o novo goberno debe contar coa súa formación, para así recoñecer as novas maiorías. Deste xeito, dixo Gómez-Reino no Galicia por diante, poderán aplicar melloras nos dereitos sociais e nas demandas de Galicia.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí