CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Juan Carlos López Corbacho, presidente do comité de empresa de Alu Ibérica: "Dá a impresión de que o Goberno non entende nada"

21/02/2020 - 08:07 h

Os empregados da planta de Alu Ibérica, a antiga Alcoa-A Coruña, propoñen que o Goberno cree un sistema provisional para axudar as fábricas a pagaren menos polo recibo da luz durante dous ou tres anos, á espera de que realmente se confirmen as previsións do propio Executivo central de que nese tempo empezará a baixar o prezo da electricidade, ao ir substituíndo as centrais térmicas de carbón, que producen a custos elevados, por enerxías renovables, moito máis baratas.

"Dá a impresión de que o Goberno non entende nada. Que non entende ou que hai moitas presións por detrás que eu non podo agora mesmo descifrar, pero paréceme que se está equivocando".

"Se o Goberno está dando uns datos, e incluso tamén a AEGE (Asociación de Empresas con Gran Consumo de Enerxía) di que o megawatt neste país vai baixar porque se están introducindo neste mercado as enerxías renovables, que vai facer que baixen os custos, e se se está sacando do sistema a xeración de electricidade con centrais térmicas, pode ser que ao mellor en dous anos baixe o recibo da luz, pero habería que velo".

"O Ministerio da Enerxía non se pode esquecer de que é o Ministerio de Transición. Ás empresas coma nós tennos que dar unha transición para crearmos un sistema ata que neses dous ou tres anos, cando se di que vai baixar o prezo da luz, se confirme".

"Non se pode estar pechando industrias coma as nosas porque esta industria, se se pecha, non volve implantarse nunca".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia