CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

#OMiolo 'O veleiro apresado', cun xefe de Aduanas, Nacho Carretero e a Fundación contra o Narcotráfico: "Son mafias con conexións galegas"

20/10/2021 - 13:37 h

A intervención dun veleiro no Atlántico con 5.200 quilos con destino a Galicia e a detención do arousán Carlos Silla devolveron de novo o narcotráfico ás portadas. Supón a maior cantidade de droga comisada ata agora nunha operación destas características.

Continúa sendo Galicia un lugar de entrada prioritaria de droga en España? A detención de Silla significa a caída dos novos narcos galegos?. Son operacións conxuntas a nivel internacional a principal arma contra os clans?

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia