CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Ángeles Vázquez: "Precisamos endurecer as penas contra as ocupacións"

20/10/2020 - 08:24 h

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reclamou de novo un cambio lexislativo que dote dun "marco xurídico eficaz e duradeiro". "Precisamos endurecer as penas e que, nas primeiras horas, esas ocupacións ilegais se convertan en desocupacións", engadiu.

A conselleira, que garda corentena por contacto estreito cun positivo de coronavirus, realizou unha entrevisa telefónica no Galicia por diante. Nesa conversa, Vázquez sinalou que en Galicia medraron as denuncias este ano, "se ben é certo que estamos 6 puntos por debaixo da media estatal". Vázquez acusou o BNG de facer unha "defensa a ultranza dos okupas, que era compartida polo PSOE. Neste mesmo mes de outubro, o delegado do Goberno recoñecía que estaba sendo un problema".

A conselleira referiuse tamén á reunión de onte entre as CCAA e o Goberno para fixar a postura conxunta das rexións de cara ó Consello Consultivo de Política Medioambiental para Asuntos Comunitarios. A Xunta solicitou que os orzamentos europeos teñan en conta os condicionantes e dificultades de cada país e rexión para acadar a neutralidade climática, activando un instrumento financeiro que os axude a conseguilo.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia