CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Pilar Vera: "a xustiza sería depurar responsabilidades, que se corrixan eses erros para que non se volvan a repetir"

20/08/2019 - 08:16 h

Hoxe cúmprense 11 anos do acciente do voo JK5022 de Spanair no aeroporto de Baraxas con destino Gran Canaria. A presidenta da asociación de afectados dicía esta mañá no Galicia por Diante da Radio Galega, que os erros de seguridade área non se corrixiron e denuncia connivencia entre a Axencia Estatal de Seguridade Aérea e a aseguradora Mapfre. 

A asociación esixe que os partidos políticos cumpran o seu compromiso e que se retome a comisión de investigación que se abriu no Congreso hai un ano. Once anos despois do accidente, Pilar Vera destaca que aínda non puideron pechar o dolo e denuncian que as investigacións realizadas non foron serias e independentes, "unhas investigacións serias e rigurosas coas que non se manteña a familia a unha condena por intentar probar o evidente".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí