CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Navarra

20/06/2019 - 08:03 h

Para entender por que se lle dá tanta importancia a Navarrahai que ter presentes tres circunstancias entrelazadas. Primeira,que xoga o Goberno da Comunidade Foral. Segundo, que xoga aincorporación de Navarra a Euskadi. E terceiro, que é un puntoimportante para a investidura de Pedro Sánchez.

Visto como se funcionou onte para elixir o presidente e osmembros da Mesa do Parlamento foral, está claro que o Gobernorexional vai caer nas mans do Partido Socialista, pero apoiadopolos nacionalistas e os independentistas vascos. Por que o PSN seavén a esa alianza, sendo como é un partido constitucionalista?Por que xoga cos que queren a anexión de Navarra? Ademais dasaspiracións de poder, hai que ter en conta un antecedente: aúltima vez que os socialistas apoiaron a Unión del PuebloNavarro, de dereitas, sufriron unha crise que estivo a punto deacabar co partido, e non queren volver a correr ese risco.

Dese xeito, xúntanse con quen faga falta. Gobernar Navarra éunha maneira de demostrar que o Partido Socialista está vivo.Esta é a lectura de boa intención. A mala é que vai ter a abstenciónde Bildu, e iso é pactar cos filoetarras. E vai ter a colaboración deGeroa Bai, que é a versión navarra do PNV. E iso é un perigoevidente. Estes últimos catro anos o Goberno de Geroa Bai fixounha lei de símbolos que consideraba a ikurriña como a bandeirade Navarra, aínda que despois foi anulada. Empezou unha políticade inmersión lingüística do éuscaro que, falándoo un 6 por centoda poboación, se incorporou a toda a comunicación oficial, inclusopor diante do castelán. E estableceuse un órgano de colaboración con Euskadi, que se considera o primeiro paso para a integraciónno País Vasco, que está prevista na Constitución. Ver os socialistasgobernando cos promotores desa política alarma aos sectoresmáis españolistas. Euskadi non será independente sen o territorionavarro. Navarra é, por tanto, unha clave da unidade nacional. Poriso hai tanta sensibilidade.

E o terceiro punto é a incidencia na investidura de Sánchez,que perde os dous escanos da UPN, pero gaña os seis do PNV e aabstención de Bildu. Esas son as contas matemáticas. As políticasson outras. As políticas son que a Sánchez xa se lle empeza a dicirque será Presidente co apoio dos filoetarras. Ese é o galimatías,benquerido Valiñas. Eses son os xogos do poder. O prometido porSánchez de non depender dos nacionalistas e dosindependentistas empeza a ser unha promesa que non se pode cumprir.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí