CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Miguel Conde: "Queremos que a venda a Parter estea avalada polo Goberno e pola Xunta de Galicia"

20/06/2019 - 08:15 h

O futuro da planta de Alcoa da Coruña e da de Avilés pasa hoxe por Madrid, nunha reunión que os traballadores cualifican como "clave e decisiva". Participan a dirección de Alcoa, o grupo comprador Parter, os sindicatos, o Goberno, a Xunta e o Principado de Asturias.

"Hai dúbidas sobre o futuro. Está claro. O que nós non queremos é que o Goberno saque o problema de enriba, como xa fixo moitas veces, e que non asuma a responsabilidade que acadou con nós o 16 de xaneiro. É o que lle imos esixir hoxe á tarde: que o Goberno se comprometa, avale e garanta todo este proceso".

"Non vale que nos tire a calquera fondo de investimento, a calquera empresa, que nos deixe así tirados e saque o problema de enriba, que saque a foto e xa diga que está todo solucionado, que foi cousa deles".

"Aquí os únicos que estiveron loitando e pelexando foron os nosos compañeiros e imos seguir apertando. O que queremos é que se aclare e se plasme todo exactamente nun contrato e alí estea avalado polo Goberno e pola Xunta de Galicia".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí