CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Mariano Abalo, membro da Fronte Popular Galega

20/03/2017 - 08:21 h
Mariano Abalo, membro da Fronte Popular Galega

Un dos fundadores da Fronte Popular Galega, Mariano Abalo, aposta pola integración de En Marea e o BNG como único camiño para desaloxar do Goberno o PP. Nos Almorzos do "Galicia por diante", o nacionalista avaliou a Asemblea de Anova celebrada o sábado, da que saíu elixido o seu novo portavoz nacional, Antón Sánchez.

Abalo tomou como referencia as enquisas que apuntan que só "unha auténtica unidade de esquerdas" sera quen de desbancar o PP.

Abalo considera que Sánchez debe ter como prioridade a "ampliación de En Marea" e o impulso do liderado de Anova na coalición de esquerdas, onde cre que perdeu peso.

O nacionalismo de esquerdas ten que ocupar o lugar que lle pertence, non un lugar que nos deixe no vagón de cola da locomotora que debe ser En Marea

O histórico membro da FPG referiuse tamén ao incidente protagonizado por varios mozos de Xeira, o movemento xuvenil da Fronte Popular, que protagonizaron unha lea a empurróns durante a Asemblea do sábado. Abalo cre que foi un incidente desafortunado pero "illado". Os mozos foron suspendidos de militancia temporalmente por Xeira, e Abalo cre que lle corresponde á dirección de Anova decidir se adoptar outras medidas disciplinarias.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí