CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A chegada do móbil encartable

20/02/2019 - 07:35 h
Na sección de divulgación con Marcus Fernández falamos dos últimos avances no panorama tecnolóxico.

Esta tarde preséntanse as novidades de Samsung: espéranse os novos Samsung Galaxy S10, auriculares sen fíos e incluso a presentación oficial do Galaxy Fold (móbil encartable).

Samsung tamén confirmou que se retiraba do mercado dos reprodutores de discos Blu-ray nos EUA. Comentan que o Blu-ray non fracasa só polo streaming, senón tamén polo DVD, xa que o público non ve a necesidade de dar o salto ao novo formato.

TCL tamén prepara teléfonos que poden encartarse (e posiblemente teña un que se converte en reloxo).

Xiaomi presenta hoxe o Mi 9, pero xa adiantou case todos os detalles.

Nintendo anunciou os vindeiros xogos para Nintendo Switch e sorprendeu cun battle royale de Tetris.
As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí