Galicia por Diante
A compañía eléctrica admite o erro dunha factura de 7.000 euros a unha parella coruñesa: "Estamos desprotexidos"
Naturgy recoñece que foi un erro reclamar 7.000 euros de luz a unha parella da Coruña. A compañía xa anulou o cobro da cantidade reclamada por un "fallo puntual". A nova factura é de 64 euros. Explicáronlles que todo se debeu a un "fallo puntual" que están a investigar para que non se repita.