CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Gonzalo Caballero defende o seu proxecto para o PSdeG fronte á "dereitización" que representa González Formoso

19/10/2021 - 08:17 h

O actual secretario xeral do PSdeG e candidato a revalidar o cargo afronta con optimismo as primarias que se celebrarán o próximo día 30. Defende un proxecto "de esquerdas, galeguista, feminista e ecoloxista", que son "os sinais de identidade cos que avanzamos estes 4 anos".

Fronte a iso, di, hai unha candidatura "máis conservadora que pode implicar unha dereitización do partido, e que non confronta co PP da forma axeitada", en alusión á liderada polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

Caballero rexeitou os comentarios sobre un hipotético apoio de Pedro Sánchez a Formoso: "Escoito moitos ruxerruxes, pero eu sei o que falo co presidente do Goberno. A única interlocución que existiu co socialismo galego neste Congreso Federal foi a que eu mantiven co secretario xeral; todo o demais son hipóteses que non se corresponden coa realidade".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia