CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Fabiola Gª: "Había que flexibilizar as medidas nas residencias e centros de día para preservar o benestar emocional dos maiores"

18/09/2020 - 08:24 h

A conselleira de Política Social, Fabiola García, apuntou os obxectivos do novo protocolo que comeza a aplicarse hoxe nas residencias e centros de día. Un protocolo que establece tres graos de restricións en función da situación epidemiolóxica no centro e garante que se manteñan as visitas de familiares, aínda no peor dos casos.

Nunha entrevista no Galicia por diante, a conselleira sinalou que "había que flexibilizar as medidas nas residencias e centros de día para preservar o benestar emocional das persoas maiores". Para garantir a seguridade, o protocolo crea tamén "grupos de convivencia estables" en cada centro.

Fabiola García asegurou que "o 99% das residencias galegas" non teñen contaxios por coronavirus, segundo amosan os cribados.

A conselleira referiuse tamén á creación da dirección xeral de Atención Integral Sociosanitaria aprobada onte pola Xunta: "A coordinación sociosanitaria era unha vella demanda do sector que con esta crise se converteu nunha necesidade imperiosa".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia