CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Debate primarias PSOE

19/05/2017 - 10:24 h
Debate primarias PSOE

Gonzalo Caballero, un dos apoios de Pedro Sánchez en Galicia, destaca que as primarias son " claves para determinar o futuro do país". Apunta que nestas votacións está en xogo se se vai a un PSOE dirixido por " notables" ou un PSOE "no que teñan un maior peso ás bases e simpatizantes". Ademais cre que hai unha segunda cuestión en liza á de se o PSOE " é alternativa de esquerdas ó PP " ou se converte nun " posibilitador do PP". Así destaca que hai que resolver esos dilemas e cre que Pedro Sánchez é o único que garante que é o PSOE sexa unha alternativa de esquerda que non posibilite con abstención un goberno da dereita e que dea peso ás bases. 

Rafael Rodríguez, alcalde de Amoeiro e un dos apoios de Susana Díaz, rexeita o " debate falso ou maximizado de cargos contra as bases" e reivindica que a presidenta andaluza ten un firme compromiso coas bases e coas primarias. Rexeita a idea de que con Susana o PSOE mimetizarase coa dereita. Así destaca que " uns esaxeran e outras representan a realidade que é blindar os servizos públicos, combater a desigualdade, loitar contra a pobreza e a exclusión social". 
Iván Puentes, afín a Patxi López, cre que " ó PSOE faille falta cabeciña". Critica que as primarias se estén a plantexar como unha " liorta de tripas e de axustes de contas, se Sánchez é unha vítima ou non é unha vítima. Iso á cidadanía non llle importa e menos ós votantes". Lembra que Sánchez colleitou malos resultaods nas eleccións e rexieta tamén o debate de " quen é máis roxo". Destaca que a de Patxi López é " a candidatura pegamento, preciso para que ningun candidato poda dirixir o partido cos seus postulados e pasar ó axuste de contas". 

Durante o debate os tres socialistas falaron sobre o comité federal do pasado mes de outubro. Gonzalo Caballero lembra que Sánchez foi " derrocado" e destaca que " a abstención se fixo sen compensación ningunha". Puentes admite que " a imaxe foi desastrosa" pero lembra que Sánchez quedou sen o apoio da súa propia executiva. Rodríguez cre que o ex secretario se escuda no comité pra " erexirse en vítima e salvador" e lembrou que foron as persoas da súa confianza as que non lle deron a razón e deixaron de apoialo. 

Puentes cre que centrar as primarias na abstención é " un erro" mentras que Gonzalo cre que é importante porque amosa que as bases están defraudados e comparten a visión de Sánchez. Rodríguez di que " non é unha traxedia e hai moita xente de esquerdas que o entende". 
 
Puentes descata que o máis importante despois das primarias é a unidade dende a lealdade e considera que será unha receita que aquí, en Galicia, se ten que aplicar doblemente dado que " o PSdG leva dez anos desangrándose en liortas internas". Gonzalo comparte esa visión de unidade pero entende que o primeiro que ten que resolver o PSEO como organizacón é a folla de ruta que vai a seguir. Así destaca que " unha vez aclarada a folla de ruta, que volvo a situar na participación das bases e na alternativa ó PP, hai que facer un exercizo de construcción de unidade". Rodríguez entende que gañe quen gañe o 22 de maio hai que " escoller as persoas máis capaces e máis aló de represalias. A unidade é esencial" e bótalle en cara a Sánchez o rencor. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí