CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Como converter ondas electromagnéticas en electricidade?

19/03/2019 - 07:42 h

Nesta sección de ciencia con Jorge Mira falamos de ondas electromagnéticas, a contaminación do aire, as alerxias e o virus da gripe aviar.

Desenvólvese un sistema que captura ondas electromagnéticas (coma as do wifi) para convertelas en corrente eléctrica. Algo interesante para o establecemento de sistemas de aparellos electrónicos que non necesiten nin enchufes nin baterías.

Un estudo saído hai uns días constata que a contaminación do aire no mundo mata máis xente que o tabaco.

Un pouco relacionado con isto, unha curiosidade: outro estudo evidencia que o fluxo do tráfico pode empeorar certas alerxias, debido ao rebufo dos coches, que espallan máis o pole das plantas.

Un perigo: retómase unha liña de investigación, que xa se activara hai uns anos, para facer máis nocivo o virus da gripe aviar.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia