CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Novos datos sobre o cambio climático

19/02/2019 - 07:34 h

Nesta sección de divulgación científica con Jorge Mira falamos do problema do cambio climático. Uns investigadores analizaron o mapa de precipitacións no mundo e descubriron que, se o nivel de CO2 aumenta, provoca bategadas máis concentradas. Isto fainos pensar que imos cara a un mundo onde as precipitacións caerán de golpe.

Os furacáns móvense dunha maneira cada vez máis lenta, así que a descarga é máis forte en cada sitio polo que pasa, o que significa que se producen máis danos.

Tamén analizamos a relación entre os elementos ambientais e os xenéticos. Un estudo recente atopa que case un 40 % das enfermidades dunha persoa poden ter unha orixe xenética, fronte a un 25 % que estaría fundamentado na contorna en que estamos.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí