CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Iván López, de CEPESCA: "Os resultados son moi vantaxosos para a frota galega"

18/12/2019 - 08:36 h

O portavoz da Confederación Española de Pesca, Iván López, avaliou satisfactoriamente o acordo sobre as cotas pechado esta madrugada polos ministros da Unión Europea. Nunha entrevista no 'Galicia por diante', López sinalou que os resultados son "aceptables para a frota española e moi vantaxosos para a frota galega".

Con todo, López fixo un chamamento a repensar a negociación das cotas para evitar facela ano a ano: "Recuperar un stock raramente se fai dun ano para outro, o que ten que haber son plans de xestión a longo prazo, multianuais".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia