CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A física cuántica, a grande aposta da investigación en Europa

18/12/2018 - 07:34 h

Europa quere manter o seu liderado mundial no desenvolvemento científico. A primeira grande aposta foi o grafeno. A segunda iniciativa tivo que ver co estudo do cerebro humano. A terceira chega da man da física cuántica.

A física cuántica é unha das partes máis abraiantes da física e establece que unha partícula subatómatica pode estar, á vez, en dous estados diferentes. Unha comunicación entre dúas persoas pode codificarse en ceros e uns, pero coa física cuántica permitiría multiplicar por un nivel moi alto o procesamento da información. Isto significa que os ordenadores que se puideran construír en base a isto serían extraordinariamente rápidos.

Neste espazo de divulgación tamén falamos das vacinas e dos movementos en contra das mesmas.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí