CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Irene Iglesias, da orquestra Panorama, nova gañadora da Liga dos Cantantes Extraordinarios da Televisón de Galicia

18/09/2020 - 10:13 h

Chegou a final da Liga dos Cantantes Extraordinarios e Irene Iglesias, da orquestra Panorama, foi a gañadora máxima desta edición. A final estivo entre Irene e Alba Navarro, a cantante dos Satélites, pero finalmente, a da Panorama levou o voto do público, o dos compañeiros e o do xurado. 

Nun ano e un verán marcado pola pandemia, sen as tradicionais verbenas do noso país, A Liga dos Cantantes Extraordinarios foi unha oportunidade única para seguir escoitando as voces destes grandes cantantes das nosas orquestras. 

Para eles tamén foi un reto, pois aínda que sexan profesionais, o plató da Televisión de Galicia, as cámaras e un repertorio moi variado requiriron o mellor deles en cada programa.

No Galicia por Diante falamos coa gañadora, Irene Iglesias:

Aprendín a superar parte da miña timidez e por riba coñecín xente marabillosa. Ese é o meu gran premio.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia