CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Luis Villares, voceiro de En Marea no Parlamento de Galicia

17/07/2017 - 08:20 h
Luis Villares, voceiro de En Marea no Parlamento de Galicia

Luis Villares admite estar "algo preocupado" despois do plenario celebrado o pasado sábado no que se evidenciaron as diferenzas no seo de En Marea. Con todo, cre que é "un punto seguido" na construción do espazo político e pon en valor o "debate rico e intenso".

Foi unha xornada produtiva e afiánzome unha vez máis na idea compartida de que En Marea é un espazo de consenso e non de regras da maioría. Dende o primeiro momento é un encontro entre distintos e polo tanto debemos ocuparnos e preocuparnos desas cousas que nos poñen en común e non das diferenzas. Despois dunha xornada onde se decidiu e onde se vota é bo volver ó espazo do consenso

Despois de que Iolanda Díaz asegurara na Radio Galega que hai que darlle unha volta ó proxecto ante o risco de que desapareza, Villares cre que hai que "avanzar na construcción de En Marea, na consolidación do proxecto político".

A unión leva tempo conseguila porque estamos traballando entre diferentes. A dinámica de traballo debe ser a búsqueda de consensos no que nos une

O debate político que se dá é de debate político de proxecto e non en relación ás persoas. O que estamos debatindo é o proxecto político e niso insisto na idea de que o espazo de En Marea se ten que construir en base ós consensos e non en base ás regras das maiorías ou minorías. As regras de maiorías ou minorías nun espazo político hetereoxéneo funcionan mal. Como temos que construílo é de forma que as maiorías e as minorías convivan porque se sintan cómodas con eses valores comúns. Por iso é preciso volver dende xa ós consensos esenciais arredor de todo o que significa En Marea

Sobre a ausencia dos alcaldes de Santiago e da Coruña no plenario di que "todos sabiamos que había plenario e ademais xente amosou días antes a súa preocupación polo espazo político. O que non foi sería que tiña outras tarefas importantes".

O que nos debe ocupar é centranos en elaborar un discurso centrado no que lle preocupa á xente: no emprego, nos servizos públicos

Sobre Podemos Galicia, di que "non creo que vaian sair, a unidade popular sen Podemos Galicia quedaría incompleta" pero lembra que En Marea, as adhesións son "individuais".

Os partidos son motores auxiliares e o protagonismo é dos cidadáns. Os partidos teñen que arroupar e reforzar ese espazo de colaboración

Villares di que no se sente cuestionado nin desautorizado e quítalle ferro a decisión de Beiras de defender a ponencia política dos críticos. Explicou que foi "complementaria á presentada polo consello e que se incorporou polo tanto o relatorio político a día de hoxe é unha suma"

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí