CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Artistas e deportistas xogan un partido solidario para axudar a Noel

17/04/2019 - 11:37 h

Os veteranos do Deportivo participarán este xoves día 18 nun partido benéfico no que se enfrontarán aos Ardebullos (equipo composto por artistas galegos). Un encontro que se disputará no campo García Hermanos de Betanzos ás 12.00 horas.

Baixo o lema Imos todos golear por Noel, os integrantes dos dous equipos participarán nun acontecemento que busca recadar fondos para que o rapaz reciba o tratamento que necesita.

Neste Galicia por Diante temos connosco ao actor e humotista David Noya.

"Temos que encher o estadio de Betanzos, todo por Noel”, asegura nas ondas da Radio Galega.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí