CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

O lanzamento de xabarin.gal

17/04/2019 - 07:33 h
Na sección desta mañá con Marcus Fernández confirmamos que Vodafone lanzou tarifas con datos ilimitados no móbil (explicando que o límite das mesmas estará na velocidade). Tamén falamos do lanzamento de xabarin.gal.

Google estreou unha solución para empregar o noso teléfono a xeito de chave para as nosas contas en liña (para evitar o secuestro das nosas contas).

Presentan Disney+ e, en contraste, HBO ten problemas durante a estrea de Xogo de Tronos. Tamén comentamos que Apple chegou a un acordo con Qualcomm para non perder o tren do 5G.
As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia