CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

O último informe sobre a incidencia do cancro

17/01/2019 - 07:35 h

Hoxe Ángel Carracedo fálanos sobre os datos da American Cancer Society sobre a estima do número de novos casos e mortes por cancro que se producirán nos Estados Unidos, pero son datos extrapolables á poboación Europea.

Aínda que a fenda racial na mortalidade por cancro reduciuse, no eido das desigualdades socioeconómicas está a medrar, coas diferenzas máis notables para os cancros máis previbles. Por exemplo, en comparación cos países máis ricos, as taxas de mortalidade nos condados máis pobres foron 2 veces máis elevadas para o cancro do colo do útero e un 40% superior para o cancro de pulmón masculino e hepático durante o período 2012-2016.

Algúns estados albergan os condados máis ricos e pobres, o que suxire a oportunidade para partillamento máis equitativo e efectivo dos recursos para a prevención 
do cancro, a detección precoz e as estratexias de tratamento.

Unha diseminación máis ampla dos coñecementos de control 
do cancro existentes, con énfase nos grupos desfavorecidos, sen dúbida, mellorará o progreso da loita contra o cancro.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí