CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Jesús Vázquez Almuíña: "A Xunta vai dicir nos orzamentos que aposta claramente pola sanidade"

16/10/2019 - 08:20 h

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, afirma que os orzamentos que prepara a Xunta para o ano que vén establecen incrementos nas partidas para os servizos sociais, e en especial para a sanidade.

"A Xunta de Galicia segue apostando claramente polos servizos sociais e, concretamente, pola sanidade. Vai ter un crecemento tamén importante para poder desenvolver todas as políticas sanitarias que temos en Galicia".

"Cando se analizan os diferentes parámetros de calidade dos servizos a nivel internacinal, o sistema sanitario español é dos mellores do mundo e, desde logo, Galicia está á cabeceira das comunidades autónomas en canto á calidade e cantidade dos servizos. A Xunta vai dicir nestes orzamentos que aposta claramente pola sanidade".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí