CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Carmen Pomar: "Este ano incorpóranse 15 centros ao bacharelato de excelencia en ciencia e tecnoloxía"

16/09/2019 - 08:13 h

A conselleira de Educación analizou esta mañá na Radio Galega o comezo do curso escolar en secundaria, bacharelato e ensinanzas de réxime especial. Carmen Pomar destacou o incremento de institutos que impartirán o bacharelato de excelencia, coa incorporación de 15 centros, ata un total de 30.

Pomar falou tamén do aumento de centros acollidos ao programa EDIXGAL de implantación de novas tecnoloxías, 19 máis ca o ano pasado, e dos centros plurilingües, que serán 13 na comunidade.

A piques de rematar o prazo de matrícula para a FP, Pomar destacou o incremento de alumnos. A conselleira lembrou que este ano se incorporan novos ciclos á FP Dual, na que haberá 1.200 prazas, e lembrou a elevada taxa de empregabilidade desta modalidade, que supera o 90 por cento.

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí